Baños de Cos, José Luís

A cámara escura / José Luis Baños de Cos - 1ª ed. - Vigo : Galaxia , 2021 - 69 p. ; 21 cm

III Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, 2020

Alicia comparte unha foto súa co seu crush. Con dezaseis anos hai moitos motivos que te obrigan a “compartir. Pode recoller nunha foto toda a historia dunha dor? Pode borrarse unha foto e facelo coa dor tamén? Alicia envía unha foto e a instantánea vólvelle reenviada coma unha labazada. Alicia contra Alicia.

José Luis Baños de Cos preséntanos nesta peza un texto actual ao que se lle pode sentir o pulso da escena con diálogos áxiles a través dun rexistro de lingua próximo á mocidade. Porén, non faltan en A cámara escura referencias ao teatro clásico, como a figura do coro, transformado en grupo de WhatsApp, personaxe colectivo que revolve conciencias.

1º-2º BAC

9788491515838


Adolescencia
Redes sociais
Obras de teatro

82-T

Coa tecnoloxía Koha